De Espazo Común sobre a taxa do lixo: o timo do cotomocho
Nova desfeita do goberno PPSOE do Carballiño que demostra, unha vez máis, que o pacto acadado foi polo ben deles mesmos e para mal dos veciños deste pobo.
Os últimos afectados polas barrabasadas deste grupo son un gran número de veciños das nosas parroquias que comprobaron con estupor que os recibos que lle están a chegar do lixo este ano 2025 supoñen un encarecemento dun 234 % con respecto ao ano anterior.
A taxa aprobada para o 2024 nos lugares con recollida un só día á semana era de 23,96 €.
A finais dese mesmo ano, o PP conseguiu algo que ansiaba hai anos: controlar a través da Deputación o prezo deste servizo no Carballiño.
Dende Espazo Común denunciamos por activa e por pasiva que esto sería un desastre para este pobo. Por primeira vez, o noso Concello non fixa o prezo dun servizo de competencia municipal.
O PSOE local fixo o que ven facendo dende hai tempo: baixar os pantalóns ante as demandas do PP con tal de manterse na ecuación de goberno.
E aquí está o resultado. Os fogares do rural que pagaban eses 23,96 € están a recibir recibos de 19,98 € pero só polo primeiro trimestre, detalle este que a moitos se lles escapou. Unha estafa, un tocomocho de manual, pois unha simple multiplicación dá un saldo de 79,94 € a pagar no total dos catro trimestres do ano.
No vindeiro pleno extraordinario a celebrar o 4 de setembro imos demandar ao goberno municipal que anule este acordo e que a taxa volte a ser de competencia do Concello do Carballiño voltando aos prezos anteriores.
.