Outra baixa máis na esquerda.

19, Marzo 2026

A recén baixa de Sofía garcía da militancia do bng é un claro exemplo de que moitas veces as liñas marcadas polos partidos políticos non van en consonancia co que deberían defender: os intereses e dereitos dos veciños. Pero xa non é a primeira vez que pasa esto no Carballiño. Temos exemplos recientes como os de Adolfo, Érika e Charo que causaron baixa no psoe ou tamén o caso de Manuel, o tertuliano de esta casa, que pese a non ser concelleiro tamén deuse de baixa en podemos. 

Xa non quero citar outros casos ao longo da provincia que seguen o mesmo patrón: xente competente que non tragan con liñas de partido que van en contra do que a política local debería ser, servicio por e para os veciños. Moita sorte para Sofía tanto no profesional como no personal e súmome a anterior denuncia de que non ceda a súa acta pois esta directiva do bng non a merece.