O Arenteiro, ao que lle anularon dous goles por supostos fora de xogo, empata no desconto ante o Celta Fortuna

20, Marzo 2026

Jordan adiantou aos verdes, que despois tiveron varias ocasións para sentenciar o partido, sobre todo na primeira parte, tamén na segunda, incluidos dous goles anulados por suposto fora de xogo, pero xa se sabe, a can flaco todo son pulgas.

E outra vez o desconto resulta fatídico para os intereses do Arenteiro, que no último tramo do partido notaba o cansancio ante o ímpetu do filial celtiña, outros dous puntos que se escapan de Espiñedo, esta vez ante o mellor visitante da categoria, que deixan a un equipo moi tocado, e que non merecía este novo castigo polo visto de novo no cómputo dos 97 minutos que se xogaron neste partido. Igual que ante o Real Madrid Castilla, o Arenteiro foi mellor que o seu rival, pero non lle chega para gañar.

VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=nRsfXfzPf6Q

Cronica no Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/celta-de-vigo/2026/03/20/somuah-rescata-punto-...

Cronica do partido en La Región: https://www.laregion.es/deporte-local/arenteiro-ve-le-escapa-victoria_1_...