1 de Febreiro: O Carballiño sitúase con 99 contaxios activos e Maside sobe ata os 25 casos.
Son catro contaxios activos máis que onte no concello de O Carballiño, que entra no mes de Febreiro con 99 contaxios activos de coronavirus, dos que 95 son casos diagnosticados nos últimos 14 dias. Tamén comeza a ser relevante a incidencia acumulada a 14 dias o concello de Maside, 25 casos, unha cifra que coincide hoxe co número de contaxios activos, tamén 25.
Incrementa un caso Boborás, que suma 14. Baixa 2 contaxios activos o concello de San Cristovo de Cea, que pasa de 12 a 10. E non se producen alteracións no número de contaxios activos no resto de concellos: Beariz (3) San Amaro (3) Piñor (2) Punxín (1) O Irixo (1)