1 de Marzo: Punxín en condicións de pasar a nivel 3, mentres preocupa Boborás que se mantén no límite para conservalo

1, Marzo 2021

O Comité Clínico actualizará esta semana o nivel de restrición de cada concello en base á súa situación epidemiolóxica. Punxín, que está no nivel 2 coa mobilidade restrinxida ao propio concello, ten un único contaxio activo e unha incidencia a 14 dias no rango entre 50 e 150 casos por 100.000 habitantes. 

Boborás, con 6 contaxios activos, manténse no parámetro 150-250 casos por 100.000 habitantes de incidencia acumulada a 14 dias, a aparición de novos casos pode poñer en risco a súa continuidade no nivel 3, o que siñificaría pasar o nivel 2 de restricións, con peche perimetral e hostelería sen poder utilizar os interiores dos locais.

No resto de municipios, a situación mánténse estable, con 11 contaxios activos no Carballiño (IA de 63 casos por 100.000 habitantes), Cea ten 2 contaxios activos e Maside 1. San Amaro, Piñor, O Irixo e Beariz non teñen contaxios.