10 casos positivos rexistrados no estudo de seroprevalencia do Sergas sitúan á comarca do Carballiño entre as de maior circulación do virus a nivel galego
O estudo de seroprevalencia realizado polo Sergas confirma que o virus tivo unha escasa circulación no ámbito comarcal, aínda asi a sorpresa é que se sitúa a do Carballiño entre as comarcas de toda Galicia nas que o Covid-19 tivo maior presenza entre a poboación.
E esto é asi porque nos test realizados ás persoas que participaron neste estudo nos 9 concellos da comarca rexistraronse 10 casos positivos, o que siñifica 0 1,6% do total.
Desta maneira, según as conclusión do estudo epidemiolóxico, a comarca do Carballiño situaríase a nivel galego entre as que contan proporcionalmente con máis poboación inmune, aínda que a porcentaxe é totalmente irrelevante, aínda que sexa superior á media galega que se sitúa no 1,15% da poboación, esto siñifica que unhas 30.000 persoas están inmunizadas contra o virus en toda Galicia.
Da base de datos de tarxeta sanitaria, por mostraxe aleatoria simple, seleccionouse unha mostra, estratificada en seis estratos, definidos polo sexo e os tres grupos de idade de 0 a 18, de 19 a 64 e 65 a máis anos, para cada un dos sete concellos con maior poboación de Galicia e para outras 38 comarcas ou agrupacións de comarcas. En total son 45 mostras independentes.
Polo de agora levouse a cabo a primeira das fases do estudo. Para realizala, contactouse con 61.836 persoas seleccionadas de xeito aleatorio polo Instituto Galego de Estatística, das que 44.832, o 72,5%, realizaron o test. Delas, 385 deron resultado positivo.
Por territorios, a provincia coa maior prevalencia, é dicir, a proporción de xente que sería positiva dado o resultado da proba, é Ourense. Os datos indican que o 1,88% da poboación da provincia, isto é 5.609 persoas, estarían inmunizadas. En Ourense realizáronse un total de 6.983 probas, das que 94 arroxaron resultados positivos.
Outra das conclusións do estudo é que a prevalencia de inmunes nas persoas que tiveron síntomas da enfermidade multiplica por catro á das persoas que non os tiveron (2,73% vs. 0,70%).
Con este estudo, a Consellería de Sanidade busca un triplo obxectivo: estimar a prevalencia da inmunidade fronte ao COVID-19 nas diferentes localidades galegas, definir cal é a súa repercusión de acordo ás variables de sexo e idade, e, finalmente, monitorizar a evolución da epidemia durante o período de tempo en que se produza a recollida da información.