10 de Agosto: O Carballiño rexistra un incremento de contaxios activos (+3) tras encadenar dúas semanas de baixada. Continúa o descenso no resto de municipios.

10, Agosto 2021

O Carballiño rompe hoxe unha tendencia descendente que se mantiña dende fai xa dúas semanas en canto a casos activos de coronavirus, que son hoxe 3 máis que onte e sitúa a cifra actualizada nos 63 contaxios activos no municipio carballiñés.

No resto de concellos os casos de covid que aparecen na relación deste martes dia 10 de Agosto son os seguintes: Avión (14) Beariz (9) Maside (6) Boborás (5) San Amaro (5) e xa finalmente, con 1 contaxio figuran os concellos de Leiro, O Irixo, Piñor, Punxín e Cea.