10 de Xullo: O Carballiño (+4) ten hoxe 31 contaxios activos, Avión (+2) rexistra 6 casos. Sen variacións no resto de concellos.
O Carballiño, que hoxe sábado alcanza os 31 casos supera xa a Ribadavia (30) en contaxios activos no territorio intercomarcal O Carballiño-Ribeiro. Tamén incrementa os contaxios o concello de Avión (+2) e alcanza os 6 contaxios activos.
Na actualización deste 10 de Xullo non non se observan variacións no resto de municipios, que manteñen os seguintes casos Covid:
Beariz (2) Boborás (1) O Irixo (1) Maside (1) Piñor (3)A Arnoia (4) Beade (2) Carballeda de Avia (5) Cenlle (1) Cortegada (2) e Melón (1). Continúan resistindo o avance desta nova onda, de momento sen que rexistren casos, os concellos de Leiro, Castrelo, Punxín, San Amaro e Cea.