12 de Febreiro: estancamento na incidencia acumulada e contaxios activos no Carballiño, con algunhas variacións nos concellos da comarca.
O coronavirus parece estancarse no Carballiño, non empeora a situación pero tampouco mellora. Manténse a incidencia acumulada, con 93 novos casos diagnosticados nos últimos 14 dias no concello do Carballiño, e tamén estancamento nos contaxios activos, que igual que onte tamén hoxe son 92.
Nos demáis concellos da comarca o número de contaxios activos é hoxe os seguinte: Maside (-4) (18) Cea (-1) (14) Boborás (+1) (12) Punxín (-1) (7) San Amaro (-) (2) Piñor (-) (1) Beariz (-) (0) O Irixo (-) (0)