12 de Xullo: O Carballiño rexistra 39 contaxios activos, a cifra máis alta dende o 20 de Febreiro, tamén aumentan os contaxios en Beariz, ata os 5.
Os datos actualizados neste lúns dia 12 de Xullo, volven poñer de manifesto un novo incremento dos contaxios de coronavirus no Carballiño, que chega hoxe aos 39 casos, a cifra máis alta dende o pasado dia 20 de Febreiro.
Tamén experimenta un incremento de casos activos o concello de Beariz, que pasa dos 2 que tiña onte aos 5 que rexistra hoxe.
Non se observan variacións no resto de municipios: Avión (7) Piñor (3) O Irixo (2) Maside (2) Boborás (1) Cea (0) Punxín (0) San Amaro (0) Leiro (0)