125.000 visitantes no Carballiño e 80 toneladas de pulpo consumidas durante a fin de semana, según os datos facilitados desde o concello.
Os datos de afluencia de visitantes durante a Festa do Pulpo son cada ano motivo de tertulia e mesmo controversia, e non en poucas ocasións bastante discordantes, aínda que tendo sempre en conta que a participación é multiduninaria e pon ao límite da súa capacidade a hostalaría carballiñesa.
Neste ano 2023, os datos oficiais volven apuntar a cifras que son practicamente de record. Según os datos facilitados a COPE O Carballiño polo alcalde Francisco Fumega, a afluencia de visitantes a O Carballliño coincidiendo con esta segunda semana de agosto disparouse ata as 125.000 persoas. Tamén son de record os 80.000 quilos de pulpo consumidos.