13 de Xaneiro: aluvión de altas médicas no Carballiño, cun descenso de 132 contaxios activos, pero sobe a incidencia acumulada ao diagnosticarse novos positivos.
Dato record de descenso de contaxios activos no Carballiño, consecuencia da nova norma das altas médicas automáticas aos 7 dias, onte o Sergas notificaba 489 casos activos no Concello do Carballiño, hoxe a cifra descende ata os 357 contaxios activos, polo tanto son 132 menos en relación a onte.
Por outro lado, na incidencia acumulada a 7 dias, o indicador pasou dos 159 novos positivos no municipio que aparecian onte no cómputo dos últimos 7 dias, aos 228 casos que se contabilizan hoxe, o que pon de manifesto que a pandemia continúa aínda en plena fase expansiva no municipio carballiñés.
No resto de concellos tamén se observa un notable descenso nos casos activos, sobre todo en Maside, que onte tiña 54 casos activos e quédase hoxe con 32, e San Cristovo de Cea, que tiña 32 e quédase hoxe con 23 casos.
Os contaxios que o Sergas notifica hoxe para Boborás son 29, en Punxín 28, San Amaro 20, O Irixo 14, PIñor 10 e Beariz 4. Leiro baixa ata os 19 contaxios activos, e Avión ata os 10.