13 de Xullo: O Carballiño (+8) alcanza os 47 contaxios activos, tamén soben ata os 10 os casos no concello de Avión
A última actualización de datos correspondente a este martes dia 13 de Xullo deixa un novo incremento de contaxios no Carballiño, 8 máis que onte, que fan un total de 47 contaxios activos.
Tamén é sigñificativo o aumento de casos no concello de Avión, que alcanza hoxe os 10 contaxios activos, 3 máis nas últimas horas.
Rexistran os primeiros casos desta quinta onda da pandemia os concellos de Leiro (2) e San Amaro (1) No resto de municipios afectados os casos covid activos a dia de hoxe son os seguintes: Beariz (5) Piñor (3) O Irixo (2) Boborás (1)