13 renovacións, 6 baixas e 6 fichaxes para o Arenteiro 2015-2016
Tras varios dias de negociacións, o club consigue o obxetivo de dar continuidade na plantilla a todos os xogadores que pretendía tanto a directiva como o novo adestrador Jorge Regal. Ademáis, xa están cerradas catro incorporacións que chegan para reforzar a plantilla para a vindeira tempada, na que o Arenteiro pretende mellorar o feito este pasado exercicio na Preferente Autonómica e repetir o éxito da Copa.
Por diversos motivos, de índole personal ou por decisión técnica causan baixa no club Brais, Quiroga, Choco, Marcos Nieto, Carlos Escudero e Manu. Tampouco seguirá o preparador físico Oscar Martinez, que a pasada tempada acompañou a Miki López nas responsabilidades técnicas.
O Club confirma a continuidade para a vindeira tempada de Pachi, Dani Arbo, Ocampo, Lois, Pana, Dafonte, Dani Vázquez, Martín Pérez, Victor Gallego, Bardelás, Marcos Sotelo, Sanginés e Gele.
Tamén seguirá no club Diego López, aínda que no seu caso será iniciando unha nova etapa, como adestrador físico e axudante de Regal.
As novas incorporacións para a vindeira tempada, xa confirmadas, son o carballiñés Marcos Castro, que regresa ao Arenteiro tras xogar esta pasada tempada no Céltiga. Do Barbadás chega o defensa Vilachá, e do Estudiantil o centrocampista Marc. Para reforzar a dianteira, o Arenteiro fíxose cos servizos de Vitti, procedente do AlertaNavia vigúes, co que marcou esta pasada tempada 21 goles, sendo o terceiro máximo goleador da Preferente. O Club tamén ven de confirmar a fichaxe do gardameta monfortino Marcos Macía, que chega procedente do Club Lemos. A última incorporación ao equipo é a do defensa central Maxi, que procede do CD Allariz.