14 de Outubro: continúan aumentando os casos de coronavirus no Carballiño (+8) Cea (+2) Boborás (+1) Punxín (+1) A comarca alcanza os 210 contaxios activos
O Concello do Carballiño continúa aumentado o número de casos activos de coronavirus, 8 máis ca onte, situándose con 163 persoas infectadas, según os datos comunicados neste mércores dia 14 de Outubro. A comarca suma 210 persoas que están pasando pola enfermidade.
Tamén aumentan os contaxios os concellos de Boborás (+1) e alcanza os 19. San Cristovo de Cea, que tiña 3 contaxios activos aumenta a 5, dous máis ca onte. E rexistra o primeiro caso de coronavirus o municipio de Punxín, o único da comarca que ata onte se mantiña libre do virus.
Baixan un caso en relación a onte os concellos do Irixo, que mantén 8 contaxios, e Maside, que se queda con 5. Non hai variacións nos municipios de Beariz (5) Piñor (2) e San Amaro (2)