140 pilotos, entre eles os mellores da especialidade, participan esta fin de semana no Carballiño no VII Xtremo Mesego Enduro

24, Outubro 2019

Os mellores pilotos de enduro de España e Portugal daranse cita esta próxima fin de semana no Carballiño para participar na VII Xtremo Mesego Enduro Training.

Entre outros estarán o actual campión de España e un dos tres mellores pilotos do mundo na especialidade Mario Román, así como os catro gañadores das últimas catro edicións, entre eles Pol Tarrés, e os tres mellores pilotos de Portugal.

Nesta edición acádase o récord histórico de participantes con 140 pilotos chegados desde todas as comunidades españolas e Portugal, unha cifra que puido superarse se non fose que a organización pechou as inscricións hai tempo por exceso de participantes, segundo dixo un dos responsables da organización, Juan Caderno, que presentou esta tarde o evento xunto coa concelleira de Deportes, Sivil Baranda.

Para supervisar, controlar e cronometrar as distintas probas, a organización contará con 60 persoas.

Juan Caderno asegura que será unha das edicións con máis seguimento de afeccionados, e tanto polo plantel do máximo nivel dos participantes como pola espectacularidade das probas.

Silvia Baranda manifestouse no mesmo sentido, asegurando que non hai en Galicia ningunha proba destas características e que por eso é un acontecemento deportivo do máximo rango, que dinamizará a vida da vila durante a fin de semana, sobre todo no sector hosteleiro, polo que agradeceu o traballo que realiza a organización e que contribúe a dar realce ao Carballiño como vila de grandes acontecementos deportivos.

Finalmente, Juan Caderno e Silvia Baranda fixeron unha chamada aos afeccionados para que respeten todas as medidas de seguridade, xa que é unha modalidade deportiva extrema que conleva perigo.

PROGRAMA

O sábado 26 haberá unha crono en Pena Cobertoira de 11,00 a 13,00 h., e pola tarde, de 17,00 a 21,00 h., terá lugar o circuito urbano de súper enduro nas inmediacións da rúa Ben Cho Sei. Ás 22,00 h., haberá entrega de premios. Ambas probas servirán ademáis para establecer os postos de saída do domingo.

A proba do domingo 27 disputarase en Pena Cobertoira entre as 10,00 e as 15,00 h. E a entrega de premios terá lugar ás 17,00 h., tamén en Pena Cobertoira.