15 de Outubro: fréanse os contaxios activos por primeira vez nas últimas semanas no Carballiño (-2) Cea (-1) Suben Beariz (+1) e Maside (+1) Estables nos demáis concellos
Por primeira vez dende finais do mes de Setembro O Carballiño consigue frear a curva ascendente do coronavirus, e rexistra dous contaxios activos menos nas últimas 24 horas, pasando dos 163 casos activos de onte aos 161 que notifica hoxe Sanidade, neste xoves dia 15 de Outubro. O dato é certamente esperanzador se temos en conta a gran cantidade de PCR feitas á poboación carballiñesa nos últimos dias. Dende onte notificaronse 8 novos contaxios e 10 altas, 10 persoas que conseguiron superar a enfermidade.
Tamén desconta un contaxio activo o concello de Cea, que baixa de 5 a 4. Aumentan os casos Beariz (+1) e sube a 6, igual que Maside, que rexistra un contaxio máis ca onte, e sube aos 6.
Non se producen variacións no resto dos municipios, onde se manteñen os contaxios activos. Boborás (19) O Irixo (8) Piñor (2) San Amaro (2) e Punxín (1)