15 de Xaneiro: O Carballiño sumou nos últimos 7 dias 241 novos positivos, a cifra máis alta nunha semana de toda a pandemia. Boborás, Maside e Cea permanecen tamén en fase expansiva.

15, Xaneiro 2022

A última semana deixanos un record de novos positivos diagnosticados no concello do Carballiño no indicador a 7 dias, son 241 os novos contaxios rexistrados no municipio carballiñés entre os dias 7 e 14 deste mes de Xaneiro no que andamos, trátase da cifra de novos positivos máis alta dende que comezou a pandemia, o que pon de manifesto que o virus continúa en fase expansiva no Carballiño.

Os outros tres concellos con máis novos positivos na última semana son Boborás, que rexistrou 34, Maside 26, e San Cristovo de Cea con 21. A incidencia acumulada a 7 dias baixa en todos os demáis municipios.