15 de Xullo: O coronavirus continúa desbocado nos concellos do Carballiño (+11) que suma 64 contaxios, e Avión (+6) que chega aos 16 casos activos. Tamén soben os casos no resto de concellos.
A quinta onda da pandemia sigue sen freo nos nosos concellos, e continúa avanzando máis preocupantemente no Carballiño e Avión, que rexistran hoxe datos moi preocupantes.
No Carballiño xa son 64 os contaxios activos, deles 61 son novos positivos diagnosticados nos últimos 14 dias, o que sitúa xa a incidencia acumulada en 432 casos por cada 100.000 habitantes, un indicador que se dispara no concello de Avión ata os 882 casos por cada 100.000 habitantes, neste municipio notificanse hoxe 16 contaxios activos, 6 máis que onte.
No resto de municipios, os contaxios activos nesta última actualización de datos son os seguintes: Boborás (6) O Irixo (6) Beariz (5) Leiro (5) Maside (5) Piñor (4) San Amaro (2) Cea (1) Punxín (0)