16 de Febreiro: O Carballiño (-12) baixa ata os 65 contaxios activos, tamén baixan en Cea, Maside e Boborás.
Esta terceira onda da pandemia do coronavirus continúa desacelerando no Carballiño, tanto na incidencia acumulada que reflicte a aparición de novos positivos como no indicador de contaxios activos, que hoxe son 12 menos que onte, polo que a cifra actualizada baixa a 65 pesoas, as que están pasando a enfermidade no Carballiño.
Baixan tamén os contaxios activos en Cea, que se queda con 11, Maside con 10 e Boborás con 8. Non hai variacións no resto dos municipios, que maneñen os seguintes casos activos: Punxín (5) San Amaro (1) O Irixo (1) Piñor (1) e Beariz (0)