16 de Outubro: Record de contaxios activos no Carballiño (173) tras contabilizarse 12 máis nas últimas horas. Tamén incrementa positivos Boborás, que alcalza os 20.
Record de contaxios activos no Carballiño dende que se declarou a pandemia, con 173 contaxios activos, tras contabilizarse 12 máis nas últimas horas, pasando dos 161 de onte aos 173 notificados por Sanidade neste venres dia 16 de Outubro. Asi pois, tras o lixeiro descenso de onte cando se contabilizaron dous casos menos, volven subir os contaxios activos, 12 máis nas últimas 24 horas no municipio carballiñes.
Tamén aumentan lixeiramente os casos activos de coronavirus en Boborás (+1) e alcaxnza os 20 e Piñor (+1) que contabiliza 3. Baixan un paciente activo Maside, que rexistra 5, e San Amaro, que se queda cun único caso no seu termo municipal.
Continúan hoxe sen variacións en San Cristovo de Cea (4) Punxín (1) Beariz (6) e O Irixo (8)