16 de Xullo: acelerón de coronavirus no Carballiño (+20) alcanza os 81 contaxios activos e Avión (+7) chega aos 23 casos, tamén aparecen novos positivos en Beariz, Boborás, Leiro e Cea.
Record de novos positivos nun dia no Carballiño nesta quinta onda da pandemia, pasando dos 61 casos de onte aos 81 contaxios activos que o Sergas notifica hoxe venres para o concello do Carballiño.
Tamén continúan incrementandose os contaxios no concello de Avión, que chega hoxe aos 23 casos activos, que son 7 máis que o dia anterior. Tamén se incrementan as persoas enfermas de covid en Beariz (+3) (8) Boborás (+2) (8) Leiro (+1) (6) Cea (+1) (2) Repiten os datos de onte, co mesmo número de contaxios activos O Irixo (6) Maside (5) Piñor (4) e San Amaro (2) Resiste sen contaxios o concello de Punxín.