19 de Marzo: O Carballiño continúa a perigosa tendencia á alza e suma 14 contaxios activos. Maside, dende hoxe en nivel extremo de restricións, ten 13 casos activos
Maside é dende hoxe un dos tres concellos galegos que están no nivel máis duro de restricións, con mobilidade reducida ao propio territorio municipal, coa hostelería pechada e reunións de non conviventes prohibidas. O concello de Maside notifica hoxe 13 contaxios activos, os mesmos de onte. No cribado no que participaron 633 personas do municipio detectouse un positivo.
O Carballiño supera a Maside no número de casos e suma hoxe 14 contaxios activos, 1 máis que onte, continuando asi unha perigosa tendencia á alza na que está o municipio dende fai 3 dias. Boborás mantén 4 contaxios activos, Cea 1, e volve entrar na relación de concellos afectados Piñor, que notifica 1 contaxio activo.
Punxín, O Irixo, Beariz e San Amaro continúan sen ningún caso de coronavirus.