19 de Setembro: Gastronomia, música e devoción na Romaría da Saleta
Dia festivo de carácter local este xoves 19 de Setembro como xa e tradicional no municipio de Boborás, na que se encontra a capela da Saleta, para máis señas na parroquia de Astureses.
Un dia de romaría que reúne non so a xentes do concello de Boborás, senón que tamén acuden en masa dende O Carballiño, O Irixo, e en menor medida doutros concellos da comarca.
Na xornada previa, este mércores 18, ás seis e media da tarde será o ritual da baixada da Virxen dende a igrexa parroquial ata a capela da saleta, na que se celebrará a misa de benvida, despois haberá ambiente festivo co dúo Estelar e no bar da comisión, sardiñas asadas, empanada e churrasco.
No día grande da romaría da Saleta, haberá misas dende as oito e media da mañá e solemne con procesión á unha da tarde, acompañada da banda de música.
Para acompañar o xantar campestre non faltará a música tradicional dos Biruxes e o grupo Fusión, aos que se sumará pola tarde a gran orquestra Marbella, que continuará ata a verbena.