1ª Autonómica:o Maside, cun hat trick de Manu Bardelás, lévase os 3 puntos da Uceira no partido cos veciños do Sporting
A tarde chuviosa deste sábado no Carballiño non impedíu a notable afluencia de afeccionados ao recinto municipal da Uceira, que presentaba un bo ambiente para ver o partido entre veciños que se levaron os de Maside por 0-3.
Os masidaos, coa brúxula dos irmáns Bardelás, Alex no medio campo e Manu na liña de vargarda, non tiveron oposición nun Sporting Carblliño impotente para remontar o primeiro gol masidao que caía aos 10 minutos de xogo e asi se foi o partido ao descanso.
Mantívose a emoción na segunda metada polo axustado do resultado, que defendeu ben o Maside sen apenas pasar apuros, e para poñer a "puntilla" xa no tramo final do partido, con outros dous goles, igual que o primeiro, tamén obra de Manu Bardelás.