2-0 ante o Gran Peña: tres meses despois o Arenteiro volve gañar en Espiñedo
Por fín unha alegría en Espiñedo, que rexistrou unha boa entrada. Tiveron que pasar tres meses, desde setembro do ano pasado, para que a parroquia carballiñesa volvese ver gañar o Arenteiro, e aconteceu neste primeiro partido do 2010 ante o Gran Peña, ó que os carballiñeses derrotaron con dous goles e nun partido con bó xogo a ráfagas e no que os vigueses tamén tiveron as súas oportunidades. Sen embargo, desta vez quen mellor definíu foi o Arenteiro. Na primeira parte, un balón de ouro de Marcos Castro sobre a frontal da área foi aproveitado por Martín, deixando atrás a defensa e cruzando o balón de forma impecable ante a saída do porteiro visitante. Na reanudación, o segundo gol cos mesmos protagonistas, galopada de Martín atá atá o fondo e centro sobre a área pequena que cabecea Marcos Castro. E aínda tería o Arenteiro algunha ocasión maís para ampliar o resultado nunha xogada persoal de Nicol, o seu tiro saíu rozando a portería. Tras esta victoria, e tendo en conta o resto dos resultados da xornada, o Arenteiro sitúase quinto na clasificación, a catro puntos dos dous postos de ascenso que agora ocupan Estradense e Choco.