2 de Abril: O Irixo con incidencia acumulada de máximo nivel de restricións. O Carballiño baixa a 17 contaxios activos e Maside a 3.
O Irixo rexistra unha incidencia acumulada a 14 dias que sobe ata os 633 casos por cada 100.000 habitantes, o que o convirte en concello candidato a un novo endurecemento de restricións, hoxe venres entrou en nivel alto, pero cos últimos datos todo indica que pasará a nivel máximo de restricións, o que implicará o peche perimetral do concello e a hostelería pechada. Son 9 novos positivos diagnosticados no Irixo neste intervalo de tempo, na IA a 14 dias. Ademáis, preocupa o dato do cribado do pasado mércores, no que se detectaron 4 asintomáticos entre as 389 persoas que participaron na mostraxe.
O Carballiño mellora hoxe o dato da incidencia acumulada a 14 dias, que baixa ata os 99 casos por cada 100.000 habitantes, con 17 contaxios activos. Maside resta un caso activo e quédase con 4. Boborás, Leiro e Cea teñen 1, e Avión ningún.