2 de Decembro: O Carballiño sobe outros 8 contaxios activos e suma 89 en total. O resto dos concellos manteñen casos illados.
O concello do Carballiño continúa o incremento diario de contaxios activos e alcanza hoxe xoves os 89 casos, que son 8 máis dos que había onte no municipio carballiñés.
A situación no resto de concellos do noso ámbito continúa sendo boa, sen transmisión comunitaria e tan so con casos illados. Mesmo, Maside logra xa rebaixar o seu número de contaxios activos, resta dous casos e quédase con 6, dous menos que onte. Beariz e Punxín resisten como concellos libres de virus.