20 actuacións musicais dentro do programa da 62 Festa do Pulpo. Consulta aquí dias e horarios.

2, Agosto 2024

Ao igual que o viño do Ribeiro sempre estivo presente nas mesas durante a Festa do Pulpo e por iso se dedica esta 62 edición á Denominación de Orixe máis antiga das galegas, a música tamén ten un papel protagonista. Unha vintena de grupos actuarán nos quince días nos que se estende a programación da celebración declarada de interese turístico internacional.

Veciños e visitantes poderán disfrutar de actuacións como as de El Hechizo de Nora, Os Biruxes, Isidro Vidal, Terras do Arenteiro, Coribantes, Canta nas Croas, Cantareiras Madialeva, Auskelga ou Amigos do Acordeón Terras de Celanova, entre outros, algunhas delas dentro do Festival Folclórico de Música e Danza Tradicional, o mesmo día da Festa do Pulpo no Parque Municipal.

Outro dos puntos fortes do programa será a Mostra de Viños que terá como escenario a Praza Maior do Carballiño os días 3 e 4 de agosto en horario de 12.00 a 21.30 horas. Contarase coa participarán 6 bodegas: Arco da Vella-Adega do Eladio, Adega Viña-Carpazal, Eduardo Bravo, Casal de Armán, Pazo Tizón e Oryctes.

A programación combina a degustación do exquisito pulpo do Carballiño, do mellor do viño do Ribeiro e a mellor música folk, destacando a actuación de Óscar Ibáñez & Tribo, unha das bandas de folk máis destacadas de Galicia e que presentará o espectáculo Tribal 20 para celebrar dúas décadas de traxectoria. Será o 11 de agosto, ás 23.00 horas na Praza Maior.

Lembramos a programación para os próximos días:
SEMANA GRANDE PARA PEQUENOS
ACTIVIDADES INFANTÍS
Ata o 2 de agosto, a partir das 18.30 horas na Praza da Veracruz.

ANDAINA NOCTURNA AOS PETRÓGLIFOS DE CANGUES. Centro de Estudios Chamoso Lamas
Venres, 2 ás 21.30 h no Campo da Festa de Madarnás.

MOSTRA VIÑOS D.O. RIBEIRO
Sábado, 3- ás 12 h e ás 21.30 h na Praza Maior
Animación musical OS BIRUXES
- ás 20 h na Praza Maior
CONCERTO DE ISIDRO VIDAL
Domingo, 4 - ás 12 h e ás 21.30 h na Praza Maior
Animación musical OS BIRUXES
- ás 20 h na Praza Maior
CONCERTO - EL HECHIZO DE NORA

CONCERTO DE CLON MELA
Luns, 5 ás 20 h na Praza Maior

A TAPA XIGANTE MÁIS GRANDE DO MUNDO
Martes, 6- a partir das 19 h na Praza Maior
Animación musical TERRAS DO ARENTEIRO
- ás 21 h na Praza Maior
CONCERTO de SOUL & ROCK

ORQUESTRA AMÉRICA
Mércores, 7 ás 23 h na Praza Maior

ORQUESTRA COMBO DOMINICANO
Xoves, 8 ás 23 h na Praza da Vera Cruz

PARTIDO DE FÚTBOL C.D ARENTEIRO – PONTEVEDRA C.F
Venres, 9 ás 19.30 h no Campo do Espiñedo

DISCO MÓBIL GRAMOLA
Venres, 9 ás 23 h na Praza Maior

FESTA DAS CAMISETAS – ANIMACIÓN MUSICAL DE DJs
Sábado, 10 ás 17 h na Praza Maior

FESTA DO PULPO
Domingo, 11- a partir das 11 no Parque Municipal e rúas da vila
Animación musical de CHARANGAS / GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL
- de 12 h a 18 h no Parque Municipal
FESTIVAL DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL: CORIBANTES /CANTA NAS CROAS / CANTAREIRAS MADIALEVA / AUSKELGA
- ás 20.30 h na Praza Maior
CONCERTO AMIGOS DO ACORDEÓN TERRAS DE CELANOVA
- ás 23 h na Praza Maior
CONCERTO de OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO