20 contaxios máis nas últimas horas elevan os enfermos na comarca a 190. Suben O Carballiño (+15) Boborás (+4) e O Irixo (+1)
O coronavirus continúa desbocado na comarca carballiñesa, que suma 20 contaxios activos nas últimas 24 horas, según os datos deste lúns dia 12 de Outubro.
O Carballiño sigue sendo, con diferencia, o concello máis afectado ao incrementar en 15 os casos en tan so un dia, o que sitúa a cifra actualizada en 147 veciños e veciñas do municipio que están pasando pola enfermidade. Tamén aumentan os contaxios activos no concello de Boborás, 4 máis e son xa 16 as persoas afectadas, e tamén rexistra un incremento de casos O Irixo, que chega aos 9.
No resto dos concellos a situación é estable, e Sanidade non reporta ningunha variación no múmero de contaxios, que se mantén inalterable en Maside (6) Beariz (5) San Cristovo de Cea (3) Piñor (2) San Amaro (2) e Punxín (0)