20 de Decembro: A incidencia acumulada dispárase en Maside, que xa ten 26 contaxios activos, e baixa no Carballiño que se queda hoxe nos 97 casos. Estabilidade no resto de municipios.

20, Decembro 2021

A incindencia acumulada (IA) a 14 dias dispárase no concello de Maside, que alcanza hoxe os 925 casos por cada 100.000 habitantes, con 26 contaxios que permanecen activos, record no concello masidao nesta sexta onda da pandemia.

O Carballiño, cunha IA de 610 por cada 100.000 habitantes, rexistra hoxe 97 casos activos, dos que 38 foron diagnosticados na última semana.

No resto de municipios, temos 8 contaxios en Boborás, seguido de Cea e San Amaro, que teñen 7, respectivamente. Despóis aparece Beariz con 6, e xa por debaixo de 5 o resto de municipios, agás Piñor, que consigue colarse entre os poucos concellos galegos que a estas alturas da sexta onda da pandemia consiguen estar libres de virus.