20.000 persoas asistiron ás actividades do Nadal Cultural, según o balance do concello carballiñés
Varios milleiros de persoas participaron nos eventos organizados dentro do programa Nadal Cultural, que se desenvolveu dende o 2 de decembro, coa apertura da pista de patinaxe, ata este domingo, 15 de xaneiro, cos monólogos de Touriñán.
Precisamente, este humorista galego marca un novo hito dentro do ciclo “Carballiño Comedy2”, ao ofrecer tres funcións, o sábado e o domingo, con cheo absoluto do auditorio municipal, que ten unha capacidade para preto de 430 persoas. Xunto co monólogo de Enrique San Francisco, que tamén abarrotou a sala, e a obra musical infantil “Pinocho”, así como do ciclo de cine infantil e a obra “O Apalpador”, más de 2.500 persoas terán asistido aos eventos celebrados neste recinto municipal.
A asistencia teria sido ainda maior, se non fose que se tiveron que suspender as dúas representacións teatrais das compañías Teatro del Norte e Chévere por indisposición dun actor e dunha actriz, respectivamente.
Ademáis do extraordinario éxito dos monólogos, cuxas entradas agotáronse hai xa varias semanas, e que continuarán coa actuación do humorista Ángel Martín o sábado 18 de febreiro, para a cal xa se poden reservar as entrdas, os eventos que suscitaron a maior participación neste Nadal Cultural foron o concerto de Dasoul e Danny Romero, na discoteca Isis Pharia; o baile de Nadal da sala Paulino; o concerto de Fin de Ano da Real Banda de Gaitas de Ourense, a Banda Escola de Gaitas do Carballiño e a Coral Polifónica Casino do Carballiño, no templo da Veracruz; o III Festival de Canto de Taberna, e, por suposto, a Cabalgata de Reis.
Entre todos, arredor de 20.000 persoas poideron disfrutar dos espectáculos e actividades programadas pola concellería de Educación e Cultura, ou por outras entidades coas que colaborou esta concellería.
Actualmente, estanse programando os próximos eventos festivos, que son o Entroido e a Festa da Cachucha, que se celebrarán a última semana de febreiro e primeira de marzo.