2021, o mellor ano na historia de C.D. Arenteiro

26, Decembro 2021

Un ano para enmarcar dentro da historia dos 63 anos de vida de Club Deportivo Arenteiro, sen dúbida, o 2021 pasa a ser o mellor ano da súa traxectoria para un equipo que por vez primeira na súa historia logrou o título de campión de terceira división e deuse a coñecer na España futbolística nunha Copa do Rei na que puxo contra as cordas ao Valencia CF.

Con Fran Justo e o seu corpo técnico dirixindo o equipo, o Arenteiro conseguíu proclamarse campión da terceira división, un título que nunca antes conseguira e fixoo ademáis de forma brillante, nunha tempada atípica na que competiron 24 equipos divididos en dous grupos. No Sur, o Arenteiro foi campión con 8 puntos de ventaxa sobre o Arousa, que foi segundo. Xa na fase de ascenso, o Arenteiro gañou seis de cinco partidos, e foi campión destacado con 5 puntos de ventaxa sobre o Bergantiños, que foi o segundo. Ambos, conseguiron o ascenso á Segunda RFEF. Tamén por vez primeira, o Arenteiro foi neste 2021 e por méritos deportivos, o mellor equipo de fútbol da provincia de Ourense.

Como campión de terceira, o Arenteiro logrou a clasificación para a Copa do Rei, competición na que os verdes deixaron un listón moi alto, con dúas memorables noites de fútbol en Espiñedo. Na primeira eliminando ao Logroñés, e na segunda levando ata a prórroga ao Valencia CF, que xogou practicamente con todas as súas figuras, caendo con honra na prórroga e tras estar a un paso de redondear a xesta, seguramente os afeccionados verdes recordarán por moito tempo un partido no que o Arenteiro tivo unha gran ocasión no minuto 89 para eliminar ao Valencia.

Un 2021 que ocupa xa unha páxina especial nunha historia que comezaba en 1958, e unha historia que continuará escribíndose. Seguro que con moitas alegrías por diante.