21 de Decembro: dispáranse os casos de coronavirus en Cea (+7) e alcanza os 20. O Carballiño e Beariz teñen 7 contaxios activos e Maside queda libre de virus
O brote declarado na Residencia de Maiores de Cea suma a maior parte dos 20 contaxios activos que notifica neste lúns 21 de Decembro O Sergas no concello de San Cristovo de Cea, cun incremento de 7 casos nas últimas 24 horas.
Tamén incrementa un caso O Carballiño, que ten hoxe 7 contaxios activos, os mesmos que tamén contabiilza o concello de Beariz. Cun único caso figura o municipio de Piñor.
A boa noticia da xornada é que, por vez primeira nos últimos meses, queda libre de virus o concello de Maside, que se suma así aos de Boborás, Punxín, San Amaro e O Irixo.