22 de Decembro: O coronavirus volve acelerar no Carballiño e suma 22 novos positivos nos dous últimos dias. Maside tamén sobe, con 28 contaxios activos.

22, Decembro 2021

Tras unha semana de alivio, na que O Carballiño conseguíu ralentizar ao coronavirus, o certo é que en apenas dous dias volve pegar un acelerón con 22 novos positivos diagnosticados nos dous úlitmos dias no municipio carballiñés. Son 106 novos casos de covid contabilizados no Carballiño nos últimos 14 dias, o que representa unha incidencia acumulada nese intervalo de tempo de 752 casos por cada 100.000 habitantes.

Maside tampouco mellora, e suma xa 28 novos casos de coronavirus nos últimos dias, e unha incidencia acumulada que xa rebasa por 1.000 casos por cada 100.000 habitantes.

Sen variacións no resto dos nosos municipios, que manteñen a estabilidade no número de contaxios según esta última actualización de datos feita polo Sergas.