22 de Outubro: Volven subir os contaxios no Carballiño (+5) Boborás (+2) e Cea (+1) xa supera a O Irixo
O concello do Irixo, que repite o mesmo dato de onte, 7 contaxios activos, deixa de ser o terceiro concello da comarca, que agora pasa a ser San Cristovo de Cea, que tras contabilizar un caso máis xa alcanza as 9 personas con infección activa, según os últimos datos notificados polo Sergas.
O Carballiño e Boborás volven incrementar hoxe o número de casos, no Carballiño 5 máis ca onte e sitúase en 185, mentres no concello de Boborás hai 2 casos máis ca onte, e chega aos 31. Punxín, que tiña un único caso, pasa a ter 2 na actualización de hoxe xoves.
O único concello da comarca no que descende hoxe o número de contaxios activos é Beariz, que pasa de 7 a 6. E non se rexistran cámbeos en O Irixo, que continúa con 7 casos, Maside (4) Piñór (1) e San Amaro (1)