23 de Marzo: a incidencia acumulada sobe aos 141 casos por 100.000 habitantes no Carballiño, con 20 novos contaxios nos últimos 14 dias. Mellora Maside e Boborás está en condicións de pasar ao nivel de restricións medio-baixo.
O Carballiño continúa empeorando os datos do coronavirus, na IA a 14 dias rexistra hoxe 141 casos por 100.000 habitantes, con 2 casos máis rebasaría a barreira dos 150 casos, o que levaría a O Carballiño a pasar do nivel de restrición medio-baixo no que se encontra ao nivel medio. A tendencia é perigosa, xa que en apenas unha semana O Carballiño multiplicou por catro os contaxios activos, que continúan hoxe sendo 20, os mesmos de onte.
Boborás, con 2 contaxios activos, está en situación de sair do actúal nivel alto de restricións e pasar o máis flexible, o nivel medio-baixo, sen novos casos diagnosticados nas últimas semanas.
Tamén mellora a situación en Maside, que logra baixar do umbral dos 500 casos por 100000 habitantes, e resta 2 contaxios activos en relación a onte, quédase hoxe con 11 persoas con infección activa no municipio.
Cea e Piñor continúan cun único contaxio activo, mentres que o resto de municipios da comarca están libres de virus.