23 restaurantes do Carballiño ofrecen este domingo o menú da Cachucha, que agarda a súa declaración como festa de interese turístico galego. 3 chrarangas e Os Liborianos animarán as rúas.

4, Marzo 2022

O Carballiño celebra este domingo 6 de marzo a 27 edición da Festa da Cachucha, que se degustará tanto nos fogares carballiñeses como nos 23 restaurantes e mesóns da localidade que servirán o menú típico da festa, a base dun cocido galego con carne de cacheira e postres de entroido, como as filloas e orellas.

Dende o concello do Carballiño aconséllase reservar mesa para unha mellor organización dos hosteleiros, e tamén para non quedarse sen sitio, o concelleiro de turismo Manolo Dacal informou en COPE O Carballiño que xa este pasado xoves algunhos restaurantes xa tiñan o aforo completo para este próximo domingo e as reservas xa superaban ese dia o 60% da capacidade total dispoñible no conxunto dos restaurantes participantes.

Dacal tamén comentou que "o concello agarda que moi pronto esperamos que a festa da cachuxa obteña a declaración de interese turístico galego, de igual maneira que agardamos que tamén pronto sexa unha realidade a internacionalidade da festa do pulpo".

Animarán este domingo as rúas carballiñesas coa súa música as charangas CLK, Doctor Anchoa e Castro Bello. Ademáis, o ambiente de entroido terá continuidade pola presenza dos Liborianos, que como amantes da boa mesa tampouco queren perderse outro ano máis a festa da cachucha.