236 contaxios nos últimos 14 dias, deles 109 na última semana, aconsellan para O Carballiño as medidas máis restrictivas de toda España. Os comercios poderán seguir abertos, pechan bares e actividades de ocio, cultura e deporte.
Os concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo pasarán a ter dende as 00:00 horas deste xoves 22 de Outubro as medidas máis restrictivas de toda España. O comité de expertos que asesora á Xunta de Galicia entende que a situación é grave, xa que as restricións implantadas ata agora non deron o resultado esperado, ao contabilizarse 236 novos contaxios nos últimos 14 dias e deles 109 na última semana.
O sector máis afectado polo endurecemento das medidas restrictivas volve ser o da hostelería, co peche total de bares e cafeterias, tan so poderán seguir abertos aqueles restaurantes que habiliten un servizo de recollida da comida no propio establecemento ou para levar a domicilio.
Desta vez, si poden continuar abertos os establecementos comerciais, coas limitacións de aforo xa en vigor. En canto as actividades consideradas non esenciais e que polo tanto deberán pechar, están as bibliotecas, auditorios, ximnasios, piscinas, salas de xogo e apostas, ocio infantil e parques (xa estaban) e recintos deportivos.