2.362 nenos saen este domingo do confinamento na comarca do Carballiño. Consulta aquí a normativa para a saída dos menores de 14 anos.
Un total de 2.362 nenos e nenas poderán sair a partir deste domingo do seu confinamento no conxunto dos nove concellos da comarca do Carballiño, dacorde co padrón de habitantes de cada municipio, xa que esa é cantidade de menores de 14 anos.
Deles, a maioria, 1.550 residen no municipio do Carballiño e o resto, 812 repártense entre os oito concellos restantes. Depois do Carballiño, onde máis nenos sairán este domingo do confinamento é no concello de Maside, conta con 252 menores de 14 anos, seguido de Boborás con 184, e San Cristovo de Cea con 108 menores de 14 anos. Completan a relación San Amaro con 69, O Irixo con 66, Piñor con 53, Beariz con 43 e Punxín, con 37.
Noutros concellos do noso ámbito temos en Leiro 101 menores de 14 anos, 93 en Avión e 54 en Cenlle.
BOE: QUEN, COMO E CANDO SAÍR
OS NENOS "MENORES DE 14 ANOS" PODERÁN DAR UN PASEO DIARIO DESDE As 9.00 HORAS DESTE DOMINGO ACOMPAÑADO A UN ADULTO E PODERÁN PASEAR POLAS ZONAS VERDES QUE ESTEAN A UN QUILÓMETRO DA súa CASA, ADEMAIS O ADULTO RESPONSABLE QUE LLES ACOMPAÑE PODERÁ SER UN EMPREGADO DO FOGAR CON AUTORIZACIÓN.
Así o especifica a orde que o Ministerio de Sanidade publicou este sábado 25 de abril e que entra en vigor mañá e estará vixente en caso de sucesivas prórrogas. A orde especifica que se entenderá por nenos e nenas as persoas "menores de 14 anos".
Con todo, o Ministerio de Sanidade aclarara esta semana que os paseos inclúen aos menores de 14 anos. Nas súas distintas comparecencias o ministro de Sanidade, Salvador Illa, referiuse a "menores de 14 anos". Con todo, o vicepresidente de Dereitos Sociais, Pablo Iglesias, falou de "menores de ata 14 anos". Deste xeito, a orde habilita aos nenos e nenas, e a un adulto responsable, a circular polas vías ou espazos de uso público, a condición de que se respecten os requisitos establecidos para evitar o contaxio.
Dita circulación queda limitada á realización dun paseo diario, de máximo unha hora de duración e a unha distancia non superior a un quilómetro con respecto ao domicilio do menor, entre as 9:00 horas e as 21:00 horas.
A orde especifica que non poderán dar paseos os nenos e nenas que presenten síntomas ou estean en illamento domiciliario debido a un diagnóstico por COVID-19, ou que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto con algunha persoa con síntomas ou diagnosticado de COVID-19.
DISTANCIA DE POLO MENOS DOUS METROS CON TERCEIROS
Como se adiantou, o paseo diario deberá realizarse como máximo en grupos formados por un adulto responsable e ata tres nenos ou nenas.
Durante o paseo diario deberá manterse unha distancia interpersoal con terceiros de polo menos dous metros. Así mesmo, deberá cumprirse coas medidas de prevención e hixiene fronte ao COVID-19 indicadas polas autoridades sanitarias. Poderase circular por calquera vía ou espazo de uso público, incluídos os espazos naturais e zonas verdes autorizadas, sempre que se respecte o límite máximo dun quilómetro con respecto ao domicilio do menor. Non estará permitido, con todo, o acceso a espazos recreativos infantís ao aire libre, así como a instalacións deportivas.
O ADULTO, RESPONSABLE DE QUE SE CUMPRAN AS NORMAS
A orde especifica tamén que se entende por adulto responsable aquela persoa maior de idade que conviva no mesmo domicilio co neno ou nena actualmente, ou se trate dun empregado de fogar a cargo do menor. Cando o adulto responsable sexa unha persoa diferente dos proxenitores, titores, curadores, acolledores ou guardadores legais ou de feito, deberá contar cunha autorización previa destes. Ademais, establece que é responsabilidade do adulto acompañante garantir que se cumpren durante a realización do paseo diario os requisitos para evitar o contaxio.