24 de Febreiro: O Carballiño (-9) baixa ata os 21 contaxios activos, tamén descende a incidencia acumulada a 14 dias
Os dous indicadores reflicten hoxe bos datos para O Carballiño, con 9 contaxios activos menos que onte, quedando en 21 a cifra actualizada de persoas que están pasando pola enfermidade. Ademáis, tamén baixa a incidencia acumulada (IA) nos últimos 14 dias ata os 163 casos por cada 100.000 habitantes.
Tamén baixan os contaxios activos no conxunto da comarca, onde apenas quedan 12 contaxios activos de coronavirus: Boborás (5) Cea (3) Maside (2) O Irixo (1) Punxín (1) San Amaro (0) Piñor (0) Beariz (0)