2.459 alumnos e alumnas dos centros educativos da comarca seguirán a "Gala Anti-Covid" do ensino

17, Decembro 2020

Debido á situación na que este ano temos que traballar nos centros escolares, na que nos vemos obrigados polas circunstancias a reducir os contactos ao mínimo e polo tanto os xa tradicionais festivais de Nadal, decidimos facer a maior e máis grande Gala de Nadal, na que participarán exactamente 2.459 alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, de todos os centros educativos da comarca e de todas as etapas educativas.

Esta Gala terá un escenario principal que será o Auditorio do Carballiño e os outros escenarios, serán os 12 centros da comarca que se uniron á mesma de maneira espontánea e ilusionante.

No Auditorio levarase a cabo a presentación en directo da Gala, así como actuacións de Magos, artistas de circo, cantantes e músicos. O público estará sentado en cada un dos seus pupitres nas máis de 150 aulas.
Os outros escenarios serán os propios centros onde durante estas últimas semanas actuaron os propios alumnos e alumnas, gravándose en vídeo, as interpretacións, que formarán parte desa Gala.

Tamén haberá unha aula de cada centro que de maneira virtual estará presente, interactuando cos presentadores e artistas da mesma, no Auditorio.

No propio Auditorio, cumprindo coas medidas establecidas no momento, estarán presentes os alcaldes e concelleiros de educación dos concellos participantes e xa contamos coa presenza, confirmada da Xefatura Territorial e Inspección educativa da zona.
Ademais de todas as aulas dos centros educativos poderán presenciar a Gala en directo, todas as residencias de maiores da comarca, ás que lle faremos chegar o enlace para poder presenciala en directo.
En directo no auditorio estarán presentes 60 pais/nais representando proporcionalmente ao número de alumnos/as de cada centro, por rigorosa invitación levada a cabo dende as ANPAS.
O estilo vai ser Gala de entrega dos Goya, no que os vídeos dos centros sexan as películas, aínda que desta vez sen premios.

Isto será en resumo o que vai a ser a Gala Anti-Covid de todo o ensino nas terras do Carballiño. Tamén veremos como responden as comunicacións con todas as aulas conectadas á vez.

1ª Parte: Gala para alumnado de Infantil e Primaria
Hora comezo: 10:00 Hora finalización: 11:30

Actuacións:
Cada centro con alumnado de infantil e primaria terá 4 minutos de gravación dun ou varios vídeos dende os propios centros, nos que cada un fará o que desexe, música, baile, actuacións varias, etc. con intercalado entre as actuacións directas dende o escenario do Auditorio do Carballiño.

Actuacións no escenario:
.- Presentación a cargo do grupo de teatro “Dar Trela”
.- Actuación do Mago Kiko Pasteur
.- Actuación dunha equilibrista da “Ciudad de los Muchachos” Nerea Otero
Como fin da gala haberá unha actuación dos 408 alumnos e alumnas infantís de todos os centros da comarca cantando unha mesma canción.

2ª Parte: Gala para alumnado de Secundaria, Bacharelato, FP, Ciclos e Conservatorio.
Hora comezo: 11:45 Hora finalización: 13:10

Actuacións:

Cada centro con alumnado de secundaria, bacharelato, FP... terá 6 minutos de gravación dun ou varios vídeos dende os propios centros, nos que cada un fará o que desexe, música, baile, actuacións varias, etc. con intercalado entre as actuacións directas dende o escenario do Auditorio do Carballiño.

Actuacións no escenario:
.- Presentación a cargo do grupo de teatro “Dar Trela”
.- Actuación en varios actos do Mago Kiko Pasteur.
.- Actuación cantante do IES nº1 do Carballiño Noemi Duro de 12 anos .