25 de Febreiro: O Carballiño baixa a 18 contaxios activos, e a incidencia acumulada sitúase nos 127 casos por 100.000 habitantes
A incidencia acumulada de coronanavirus a 14 dias no concello do Carballiño sigue baixando e sitúase hoxe nos 127 casos por 100.000 habitantes. Son 18 novos positivos nos últimos 14 dias no Carballiño, e desta vez coincide co número de contaxios activos, que tamén son 18 neste xoves dia 25 de Febreiro.
No concello de Boborás quedan 4 persoas con infección activa, 3 en San Cristovo de Cea, e cunha única persoa enferma figuran os concellos de Punxín, Maside e O Irixo. Finalmente, outros tres concellos están libres de virus, con cero contaxios, que son os de Beariz, Piñor e San Amaro.