25 de Outubro: Baixan o número de enfermos no Carballiño (-5) Boborás (-1) Aumentan en Cea (+2) Sen alteracións no resto dos concellos da comarca
Por terceiro día consecutivo as altas superan aos novos contaxios no concellos do Carballiño, na actualización de datos de hoxe domingo o número de contaxios activos de coronavirus no municipio volven baixar, 5 menos ca onte, deixando a cifra en 168, son 20 menos que o pasado dia 20 cando se chegou ao pico de contaxios activos no Carballiño, 188. Tamén desconta unha persoa enferma o concello de Boborás, que se sitúa hoxe en 29.
O concello de San Cristovo de Cea é o único da comarca que volve incrementar os contaxios activos, 2 máis ca onte e chega xa aos 12. Non hai ningunha variación nos demáis municipios da comarca, que rexistran hoxe os mesmos casos ca onte: Beariz (6) O Irixo (5) Punxín (3) Maside (3) Piñor (1) e San Amaro (0)