25 Novembro: acelerón de coronavirus no Carballiño (+11) que suma 36 contaxios activos, a cifra máis alta dende o mes de Agosto. Estabilidade no resto de concellos.
A sexta onda da pandemia continúa acelerando no Carballiño, que suma hoxe 36 contaxios activos, 11 máis que onte según os datos facilitados esta mañá polo Sergas. Trátase da maior incidencia no Carballiño dende mediados do mes de Agosto pasado.
No resto de municipios a situación é máis tranquila, e aos concellos sen casos activos de covid súmase hoxe Boborás. Rexitran contaxios activos Maside (7) Cea (2) San Amaro (1) O Irixo (1) e Avión (1).