26 de Febreiro:Os contaxios activos no Carballiño son hoxe 15, e a incidencia acumulada a 14 dias baixa ata 113 casos por 100.00 habitantes
Outro dia máis de melloria dos indicadores do coronavirus no concello do Carballiño, a incidencia acumulada sitúase hoxe nos 113 casos por 100.000 habitantes, e os contaxios activos baixan ata os 15, nesta última actualizacion de datos feita por Sanidade.
No resto de municipios a única nota discordante é a de Boborás, que incrementa hoxe o número de contaxios activos, 2 máis que onte, polo que son 6 as persoas con infección activa neste concello. Con repetición de datos nos demáis municipios, que notifican os seguintes casos: Cea (3) Punxín (1) O Irxo (1) Maside (1) Beariz (0) San Amaro (0) Piñor (0)