26 de Outubro: o coronavirus acelera en Cea (+7) e fréase no Carballiño (-2) Boborás (-2) Sen cámbeos nos demáis concellos da comarca
Os contaxios activos de coronavirus descenden por quinto dia consecutivo no Carballiño, aínda que moi levemente, 2 casos menos ca onte, quedando hoxe lúns o dato actualizado nas 166 persoas con infección activa de Covid-19. Tamén segue descontando casos Boborás, 2 menos e quédase con 27.
O concello de San Cristovo de Cea é onde a tendencia é máis negativa, tras incrementarse os contaxios activos en 7 casos en relación a onte domingo, alcanzando xa a cifra das 19 persoas afectadas, cinco delas usuarias da Residencia de Maiores da localidade, todas elas asintomáticas. Non hai variacións no resto dos concellos, que manteñen os mesmos contaxios activos que nos últimos dias. Beariz(6) O Irixo (5) Maside (3) Punxín (3) Piñor (1) e San Amaro (0)