26 de Xaneiro: Continúa o paulatino incremento de casos activos no Carballliño (+2) Maside (+2) Boborás (+1) Beariz (+1) Baixa Cea (-1) e sen cámbeos nos demáis concellos
O coronavirus continúa incrimentando o contaxios activos na comarca, aínda que de forma paulatina, como acontece tamén neste martes 26 de Xaneiro. Asi, O Carballliño ten 2 contaxios activos máis que onte, que chega aos 75 casos activos de Covid-19 no municipio, tamén sube 2 casos Maside que alcanza os 15 contaxios, a cifra máis alta deste concello dende que se declarou a pandemia. Boborás (+1) (14) e Beariz (+1) (3) son os outros dous municipios que tamén suben hoxe os contaxios activos.
San Cristovo de Cea baixa un contaxio, pasa dos 7 que tiña onte aos 6 que rexistra nos datos de hoxe. Non hai variacións nos concellos de Piñor, O Irixo, Punxín e San Amaro, que continúan -respectivamente- con 2 casos activos.