26 Decembro: A comarca continúa resistindo ante o coronavirus con 33 casos activos, Cea (21) O Carballiño (7) Boborás (2) Beariz (2) Piñor (1)
Tras a celebración da noiteboa e o nadal os datos do coronavirus permanen prácticamente inalterables na comarca, con lixeiras variacións. O concello de San Cristovo de Cea notifica hoxe 21 contaxios activos, un menos que onte. O Carballiño mantén 7 casos activos, os mesmos que onte, e dous máis que o dia de noiteboa. Repiten dato Boborás (2) Beariz (2) e Piñor (1).
Catro concellos mantéñense libres de virus outro dia máis, que son os de Maside, Punxín, O Irixo e San Amaro.