28 de Decembro: Record de contaxios tamén na Comarca. O Carballiño 154, Maside 38, Boborás 16, Punxín 15, Cea e San Amaro 11.
Nunca antes desde que se declarou a pandemia a comarca carballiñesa rexistrou un número tan elevado de contaxios, con cifras record en varios concellos.
No Carballiño son hoxe 154 casos activos, de momento aínda por debaixo das cifras do Outubro negro de 2020, cando chegaran a alcanzarse os 188 contaxios activos nun dia.
Pero sí estamos en números record en varios concellos, como en Maside que ten xa 38 contaxios activos, tamén son cifras record as de Punxín, con 15 contaxios hoxe, e San Amaro que permanece con 11 casos. Tamén 11 casos son os que manteñen os concellos de Cea e Leiro.
Boborás é o único concello que baixa o número de contaxios en relación a onte, pasando dos 17 aos 16 casos activos, polo tanto 1 menos.
Sen datos reseñables no resto de municipios, que manteñen casos illados.